XAN SESSION

Esta modalidade de concerto reúne a máis de un cento de músicos galegos en cada edición. Trátase dun concerto en homenaxe aos músicos caídos da historia do rock e o soul (Bowie, Janis, Marley, Elvis, Scott...), onde artistas de diferentes bandas galegas comparten escenario. Berce da creación de novas bandas e primeira actuación para moitos, mestura músicos noveis con profesionais de diferentes niveis e idades (17-65 anos).

Esta iniciativa naceu hai máis de unha década nun pequeno local compostelán para derivar, co  pasar dos anos, en concertos ao aire libre, sendo o eixo central do festival "GaliciaWoodstock" nas súas catro primeiras edicións.

Cabe sinalar a identidade única deste concerto, un modelo de espectáculo que non se adapta aos canons habituais de música en directo. A diferenza doutros concertos, aquí prímase o cultural fronte ao propio espectáculo, buscando crear escena e fortalecer lazos entre músicos, ao facilitar un espazo musical onde os artistas poidan expresar a súa maxia por medio de actuacións máis próximas ás Jam Sessions que aos concertos habitualmente establecidos.

Grazas a este proxecto creamos para os artistas galegos unha plataforma real, que nas pasadas edicións superou o cento de músicos participantes, estreitando vínculos entre diferentes artistas da escena musical galega.

Esta iniciativa musical da unha oportunidade aos máis novos e proporcionando un espectáculo orientado a todas as idades e públicos, esperando poder con iso evadir a rutina e favorecer a dinámica cultural na nosa sociedade.

 

¿COMO FUNCIONA?

Para a realización deste atípico modelo de concerto, a organización edita unha listaxe de grupos e cancións, á que os músicos se inscriben sen custo ningún, sinalando as cancións e instrumentos que máis se adapten aos seus gustos.

Os artistas poden consultar a listaxe de cancións aquí e poden anotarse entre o 22 de Xuño e o 18 de Xullo.

Unha vez concluído o prazo de inscrición, a organización pon en contacto aos artistas que foron seleccionados para que poidan realizar un ensaio previo ao show. Desta forma conséguese crear formacións musicais imposibles de repetir.

A organización non concederá máis de 3 temas por músico sen consulta previa ó artista.

Para facilitar a participación dos músicos a organización faise cargo de toda a infraestrutura necesaria, así como do equipo humano e técnico.

INSTRUMENTOS

A organización poñerá a disposición dos músicos un escenario con todo o equipo de son incluíndo o backline, a batería e os teclados.

Os guitarristas, baixistas e músicos de vento e metais deberán levar o seu propio instrumento, que se almacenara nun espazo vixiado destinado en exclusiva a tal función.

¡Non esperes máis e anótate para formares parte da historia viva da música en Galicia!

 





campos con * obligatorios