VOLUNTARIADO

Este apartado é de grande importancia para a realización do festival.

Se estás interesado en formar parte do equipo de voluntarios e vivir o festival dun xeito activo e diferente, podes facelo realizando funcións como: xestionar os campionatos de futbol8 e torneo de xadrez, informar e coordinar backstage, instrumentos ou músicos.

Para poder exercer como voluntario no festival só tes que ser maior de idade e comprometerte a colaborar 2,5 horas. A colaboración dos voluntarios finalizará ás 18:30h para asegurar que poidan gozar do festival.