Para a nosa asociación resulta moi importante dinamizar os espazos e favorecer ao pequeno comercio e aos artesáns que tan boa labor fan ao longo do ano e que cada vez semellan estar máis absorvidos polas grandes estructuras.
Os stands de artesanía e obradoiros situaranse entre a carpa das actividades e a carpa do churrasco (non preto da comida para que non chegue o cheiro aos productos.
A carpa de actividades conterá a zona de baterías acústicas, o campionato de xedrez, o luthier e os obradoiros para asegurar a dinamización de público na zona; e estará a unha distancia prudente para que o rebumbio dos concertos non supoñan unha molestia ós visitantes.
TAXAS
– 3metros de fronte e 2 metros de fondo.- 20€ (os tramos poden ser compartidos)
Por seguridade NON SE PERMITIRÁ A ENTRADA DE VEHÍCULOS AO RECINTO, mais o parquing que hai na entrada do propio festival (100m dos postos) ten un custo non superior a 12 EUROS 24 horas)
Os stands non poderán vender comida nin bebidas. Así mesmo non se permitirán os obxetos con afiliacións políticas.
A organización tan só cederá o espazo. Non facilitará ningún tipo de corrente eléctrica e o stand artesán non poderá portar xenerador algún.
QUÉRESTE APUNTAR?
Podes inscribirte antes do 17 de Setembro mandando un email a info@rockisdeadfest.com sinalando os seguintes datos:
-Nome e Apelidos do rsponsable do posto.
-DNI
-Teléfono