festival

SESIÓN VERMÚ NO EMBORA

O Sábado 1 de Setembro, a asociación MAD GHOST e o Bar EMBORA celebramos unha sesión vermú para abrir boca de cara á romería máis canalla de Belvís, o ROCK IS DEAD FEST 2018. 🎸
 
Consideramos que é a excusa perfecta para que vos pasedes a tomarlle unha e premiaremos a vosa asistencia e consumo con sorteos de premios.🎁
 
A música en directo corre da man da banda compostelá “HORSE STEALERS”.
 
Música en directo, bebida fresquiña e sorteos para arrincar un sábado con forza, darlle a benvida a Setembro e entrenar ao fígado para a festa grande, que terá lugar 14 días despois no parque de Belvís.
 
A organización resérvase o dereito a incrementar actividades e máis festa sen aviso previo!!! 🎉
 
Premios dos Sorteos:
 
1.-Entrada doble para o partido de baloncesto Obradoiro – Breogán (Liga Endesa)
 
2.-Lote de libros: Triloxía das Crónicas de Bran (Editorial Contos Extraños)
 
3.-Camisola Rock Is Dead Fest 2018
 
4.-Camisola edición especial Rock Is Dead Fest
 
facebook de HORSE STEALERS
 
¡Non faltedes á cita!