Ó longo da mañá e parte da tarde, o noso público poderá participar en diferentes actividades, na súa maioría orientadas ós máis pequenos, intentando potenciar o deporte físico en equipo, o individual e intelectual e o amor hacia as artes:*
.
TORNEO XADREZ SUB-13
OBRADOIROS LITERARIOS “CONTOS EXTRAÑOS”
OBRADOIRO INFANTIL FÚTBOL FLAG “BLACK RAVENS”
ZONA DRUMMERS
.
TORNEO XADREZ SUB-13
Inscrición gratuita por orde de chegada. Xogadores menores de 13 anos.
- A modalidade de xogo será ”Rei de Mesa”. Así, o gañador mantén o asento e o que perde debe esperar a que quede unha mesa libre.
- Puntuación: O gañador leva 3 puntos e en caso de táboas, o xogador branco levará 1 punto mentres que o negro levará 2.
- As partidas terán unha duración de 5 minutos.
.
OBRADOIROS LITERARIOS “CONTOS EXTRAÑOS”
Contos Extraños é a primeira editorial especializada na literatura fantástica en lingua galega; nace para dar cabida a xente que gustaba de escribir fomentando así o emerxer de novos escritores de misterio, centrando o seu catálogo en fantasía, terror e ciencia ficción en galego.
En colaboración coa editorial Contos Estraños, realizarase diferentes contacontos e máis un obradoiro de escrita.
Os contacontos estarán orientados ós máis cativos, mentres que o obradoiro de escrita está pensados para rapaces entre os 9 e os 13 anos, onde poidan crear un texto de maneira conxunta, didáctica e divertida. Desta maneira queremos abrir unha unha porta de acceso ao mundo literario.
.
HORARIOS:
13:00h – Contacontos
16:00h – Contacontos
17:00h – Contacontos (por confirmar)
18:15h – 19:15h – Obradoiro de escrita (carpa XEDREZ)
.
FUNCIONAMENTO:
No obradoiro explicaremos, dun xeito fácil e didáctico, as tres partes dun relato (extensible a calquera novela ou texto narrativo) e os elementos máis importantes dunha historia (a trama, o escenario e os personaxes). Repartiranse entre os asistentes unhas fichas para asignar a cada participante un papel creativo (escolla de personaxes, escenario, tema, etc.) e xuntando todos eses elementos, construiremos entre todos un relato. O obxectivo da actividade é chegar a crear un texto, entendendo os elementos e as ferramentas creativas das que podemos dispor e facéndoo de maneira conxunta para que, así, todos poidan participar e aportar as súas ideas.
.
OBRADOIRO INFANTIL FÚTBOL FLAG “BLACK RAVENS”
Nesta actividade poderán participar de maneira gratuita os nenos e nenas maiores de 8 anos. En colaboración co equipo de fútbol americano “Black Ravens”, iniciarase ós participantes neste deporte que ten prohibido o contacto físico.
Este deporte de equipo busca a axilidade frente a forza. As fintas e a velocidade, xunto coa estratexia, son as claves do éxito, e esto o convirte nun deporte perfecto para os nenos. Divertido, dinámico e exhaustivo.
A única equipación precisa será un pano e un balón, a cal proporcionará o propio equipo “Black Ravens”.
.
HORARIOS:
13:00h – 14:00h
16:00h – 18:00h
.
ZONA DRUMMERS
A organización do Rock Is Dead (RID) pon a disposición do público a utilización de baterías electrónicas, onde os nosos visitantes poderán probar as súas dotes ó frente das baquetas.
.
*A organización informa que haberá directores de xogo para a organización das actividades infantís, que NON monitores que coiden dos menores, polo que os pais deberán estar presentes nas actividades nas que participen os seus fillos, facéndose responsables destes.