MÚSICA

CONCERTO ROCK SCHOOLS

Para nós é moi importante crear alicerces sólidos que consoliden ao longo do tempo unha escena musical galega sólida e que teña continuidade. Así, en colaboración coas diferentes escolas galegas, realízase un concerto onde cada Rock School presenta diferentes formacións, sendo para moitas delas a primeira oportunidade de subírense a un grande escenario.

 

 

MÁIS CONCERTOS

O festival Rock Is Dead terá máis de 12 horas de música en directo de mans de artistas e bandas emerxentes da comunidade galega.

Existirá un tempo de escenario dedicado ás formacións de alumnos de diferentes Escolas de rock de Galicia, outro ó concertó Xan Session, mais a festa completarase coa participación de diferentes bandas galegas que amenizarán a sesión vermú e o colofón do festival una vez chegada a noite.

 

Se estás interesado, a túa banda pode tocar no festival.

Tan só ponte en contacto connosco a través deste formulario: