Mad Ghost é unha Asociación Sen Ánimo de Lucro que nace coa primeira Edición do Festival Rock Is Dead, no ano 2015 en Santiago de Compostela. Entre os nosos principais obxectivos atópanse:
- Promover a xeración de espazos de creación colectiva, que incentiven unha interrelación nutrida entre distintos colectivos sociais.
- Fomentar a cultura galega, e favorecer a súa incorporación na dimensión artística e cultural da vida xeral das persoas.
- Favorecer e estimular a creación, produción, distribución e consumo das artes, aumentando o número de actividades artístico-culturais de calidade.
- Poñer en valor a transmisión da nosa cultura mendiante actividades interxeracionales.
Ao longo destes tres últimos anos realizamos actividades culturais coma o Rock Is Dead Fest, Xornadas gastronómicas coma a Ensanche Compostela (2015, 2016, 2017) e as Xornadas Gastronómicas Ecolóxicas do Ensanche, ademais da Cacharela San Xoan Conxo. Tamén somos Coorganizadores do Imperial Stormtroopers Santiago, e realizamos iniciativas de colaboración como a Campaña recaudatoria “Tierra de Hombres”.
