HISTORIA DO FESTIVAL

Rock is Dead Fest é un festival gratuito que naceu en setembro do 2015 como un evento orientado a toda a familia, e que se desenvolve no parque de Belvís, un espazo único no centro de Santiago composto de prados e regachos. Esta localización inigualable para a realización de eventos ao aire libre dispón ademais dunha ampla oferta de zonas de aparcamento cercanas.

Neste enclave destacamos o concerto “Xan Session”, no que máis de 150 músicos galegos conforman un concerto atípico que ten como obxectivo principal o fortalecemento da escena galega, xuntando a artistas de diferentes bandas do noroeste español. O citado concerto concibido como unha homenaxe aos músicos defuntos da historia do rock, agrupa a máis de cen aristas galegos que realizan una homenaxe clásicos de Queen, Janis Joplin, Hendrix, Led Zeppelin, AC-DC, Metallica, Creedence, Ray Charles ou Nina Simone.

O festival Rock Is Dead ofrece máis de 12 horas de música en directo con bandas tributo e temas propios en que participan músicos con idades desde os 16 aos 65 anos, e agrupacións musicais da propia Compostela e toda Galicia.

E como non todo é música, poderase disfrutar de obradoiros e eventos deportivos, artesáns, musiais e gastronómicos. Dende a organización animamos ó noso público a aproveitar o día completo no parque poñendo o broche perfecto á festa na carpa de pulpo e churrasco, ademáis de outras ofertas culinarias.