A noite do sábado 26 ao domingo 27 de agosto presentaremos o cartel oficial do Rock is Dead Fest 2017 cunha festa que arrancará a medianoite no Miudo Rock-Bar, e rematará amencendo na Discoteca Maycar.
Con cada consumición recibirás unha rifa para diferentes sorteos, así que toca resaca o Domingo 27.
Non te olvides de traer as rifas da anterior festa celebrada no Pub Rock Gasteiz, xa que tamén valerán para todos os sorteos
.
PREMIOS:
- No miudo sortearanse “Kits de Supervivencia Rock Is Dead Fest” con camisolas e probetas de ambrosía.
- Se non che tocara nada, non te preocupes que o mellor está por chegar, pois o 30 de Agosto, anunciaremos en facebook, twitter e no mesma páxina web o premiado dun ABONO DO RESURRECTION FEST 2018
MÚSICA:
- Lord Pif estará no Miudo Rock-Bar de 00:00h a 03:30h dando caña a esgalla.
- Jacky Tattoine revivirá os grandes éxitos do desaparecido pub compostelano na inmortal Discoteca Maycar desde as 03:30h.
Se todo esto non fose suficiente, sortearemos unha camisola do noso festi 2018 para o que consiga a foto máis orixinal desta festa do 26 de Agosto. Para optar a este premio etiqueta a túa imaxe co nome das nosas contas de facebook, instagram ou twitter co hastack #rockisdeadfest.
Recorda que o 9 de Setembro tes unha cita no Parque de Belvís (SCQ).
Keep on Rockin’
